martes, 5 de mayo de 2009

ORIENTACIÓNS PARA OS PAIS/NAIS DE NENOS QUE NON QUEREN IR AO COLEXIO

¿Ir a escola, convértese nun problema?
¿As mañáns énchense de bágoas e discusións?


¿CAL É A TÁCTICA QUE EMPREGA O TEU FILLO/A?:

O meu neno/a queixase moi a miúdo:

  • "Mami dóeme a bandullo"."Dóeme a cabeza".

  • Come menos.

  • Vomita.

  • Non quere levantarse da cama.

  • Négase en rotundo a ir ao colexio "¡Non quero ir máis ao colexio! "

  • Escóndese debaixo da cama para non atopalo.

  • Volta a facerse "PIS", "CACA", nos pantalóns cando xa estaba controlado
¿ONDE PODE ATOPARSE O PROBLEMA?
A todos nos costa moito adaptarnos aos cambios, novas caras, novos espazos, novos nenos, xente que non coñecemos...e como pais, a inseguridade de se estará ben atendido, se se mancará, se nos botará de menos, se merendará ben...
As veces os problemas atópanse no fogar. Por exemplo, a familia pode estar a pasar por un período de tensións e o/a neno/a ten medo a que pase algo mentres el/ela está na escola.

Sen querelo, trasmitímoslle aos nosos fillos os nosos medos, con xestos nosos, porque vos oen falar, porque vos ven as caras...intúen que algo malo pasa...¡o colexio!!!! por iso é tan importante mostrar dende o principio unha actitude positiva, estar alegres e despexar as dúbidas cos mestres e mestras que acollemos aos vosos fillos e fillas.


¿QUE É O QUE PASA?

  • O problema é que os/as nenos/as desenvolven un medo intenso a ir ao colexio.

  • Senten ansiedade pola separación da familia e teñen temor ao bulicio (ruído) escolar.

  • Os/as nenos/as a estas idades temperás aínda NON aprenderon a facerlle fronte aos problemas do mundo exterior, así que tratan de evitalos.

¿COMO PAIS e NAIS, QUE FACEMOS ? Podemos seguir estes consellos:

1.- DESCUBRIR AS RAZÓNS.

  • Hai que descubrir que é ou que lle angustia tanto ao neno/a, como para que non queira ir á escola.

  • Manter unha conversa.

  • Animalo a que nos conte o que lle pasa na escola.

  • Comprobar se ten medo a abandoar a casa

  • Falar cos mestres/as, poden axudar a atopar unha solución.

2.- FACER UNHA PONTE ENTRE O FOGAR E A ESCOLA:

Pódense intentar as seguintes ideas para fomentar no neno o desexo de ir á escola:

  • Saque o tema de conversación na casa.
  • Pódese marcar nun calendario os acontecimentos especiais da escola para animar ao neno/a a que os espere con ilusión: "O próximo venres é o día de............. ¡Vai ser divertido!" ou "A túa clase irá visitar o parque de bombeiros esta semana. ¿Que cres que se debe facer alí? Non esquezas contarmo".

  • Utilice a motivación de "ensíname" e "cóntame".

  • Axude ao neno/a a que busque algo especial que ensinar e contar, tal vez ou seu libro favorito, unha foto da súa mascota ou algo especial para compartir cos seus compañeiros da clase.

  • "Hoxe toca debuxo e pintura, ¿verdade? ¿A profesora, a señorita Rita, é moi simpática non? Tamén hoxe é día de deportes. "Vai ser un día divertido"

  • Fomente as amizades escolares. Invitacións de cumpreanos

3.- EXPLICAR AO NENO/A Os ÚNICOS MOTIVOS PARA NON IR A ESCOLA:

  • Se ten febre (máis de 37 graos) ou a nai/pai comproba que está enfermo

  • Se cremos que NON lle doe nada temos que asegurarnos de que NON terá un día de xogos, diversión. Permanecerá na cama todo ou día, con comidas lixeiras e nutritivas.

  • No caso de que NON exista enfermidade manifesta OBLIGARASE ao neno/a á ir ao colexio.

4. -LEVAR O/A NENO/A AO COLEXIO:

  • Faga que o/a neno/a aplique a rutina diaria. Vestirse, tomar o almorzo só, lavar os dentes,...
  • Ignore os comentarios negativos da escola. Non responda
5. REFORZAR OS COMPORTAMENTOS POSITIVOS DE ASISTENCIA A CLASE:
  • Conseguir que o neno saiba que vostede cre que é estupendo que asista ao colexio.
  • Recompense ao neno/a coa súa atención.
  • A determinadas horas póñase a xogar con el/ela. Ésta é a mellor recompensa, supera calqueira cousa que lle podamos mercar.

    "Se Segues Estas Recomendacións,
    Irás Observando Que...As Cousas Melloran Para Os/as Nenos/as
    E Vós, Os Pais/Nais."

1 comentario:

  1. Hola, gústame moito este blog, recomendareino a máis xente.

    ResponderEliminar

E vós...qué comentades disto?