lunes, 27 de abril de 2009

NORMAS: ¿SERVEN PARA ALGO?




A NECESIDADE DE PÓR NORMAS:



Os pais sentímonos confusos e desorientados ao ter que decidir cómo educar aos fillos: igual que nos educaron a nós?¿copiando a outros pais? mirando na tele? O resultado é un comportamento contraditorio. No fondo... Temos medo a ensinarlle as normas de convivencia? Se contestas que ....segue lendo...
Sentídesvos así?:



  • Asústanos defraudalos

  • Non sabemos ou non queremos dicir NON

  • Non queremos frustralos,...

  • Xa sufrirán cando sexan maiores

  • Preocúpanos ser considerados autoritarios

  • Non queremos que sufran

  • Compensamos a falta de tempo e dedicación, cunha actitude indulxente (e culpable)

  • Temos medo ao conflito e ás súas malas caras

  • Parécenos que actuamos con egoísmo se impomos normas.


Pois temos que saber que OS PAIS DEBEMOS.....:


  • Pór as normas que consideramos xustas, esixir que se cumpran,

  • actuar con seguridade e firmeza, dende o coñecemento dos nosos fillos e o agarimo que lles temos, sabendo que nós somos o modelo a imitar e que a nosa valoración e respecto, son unha meta e unha guía para eles.

jueves, 23 de abril de 2009

PROBLEMAS NOCTURNOS, ¿COMO AFRONTALOS?



Permitir que o neno durma regularmente na habitación dos pais pode provocar problemas graves. En moitos casos, os pais o consideran un hábito difícil de interrumpir cando xa se iniciou..
Orientacións para devolver ó neno a súa cama:

1. Si o neno vai hasta a habitación dos seus pais, hay que facerlle volver a súa cama e metelo nela sen demasiadas contemplacións. Os pais teñen que ser firmes.

2. Pódese utilizar a "táctica dos apretuxóns", a finalidade é facer que o neno se sinta incómodo na cama allea e que a súa cama pouco a pouco sexa máis atractiva. Consiste en empuxalo hacia fóra da cama, deixándolle cada vez menos espacio na cama, apretuxalo sen lastimalo,...

3. Utilizar recompensas polo feito de durmir só ou os progresos hacia esa meta. Asegúrese de expresar o orgulloso que se sinte del e que é un "chico maior". Préstelle unha atención especial e sexa cariñoso con él durante o día.

4. Facer a súa habitación máis atractiva, non significa redecorala senón cambiar algúns aspectos e que o neno sexa participe deles.

5. Establecer un horario regular de sono, é moi importante


6. Antes de durmir contarlle algún conto. Pódeselle contar algún relacionado co problema.

7. Pódese utilizar un contrato no que tendrá algún premio por durmir na súa habitación, marcarase nun almanaque os días que tivo éxito, acordando previamente o premio ao final do mes, si se comenza con reforzos continuos pasar pouco a pouco a reforzos intermitentes, hasta anulalos completamente

martes, 21 de abril de 2009

PATALETAS E BERRINCHES, ¿QUE FACEMOS?


1. A clave ante un berrinche é NON prestarlle atención.

2. Advirtíndolle que só se lle prestará atención cando deixe de chorar e patalear, e que mentras tanto pode chorar todo canto queira.

3. Cuando o neno se cale, explicarémoslle da forma máis clara posible que NON debe montar "numeritos" así non conseguirá nada.

4. Se os volve a montar nos seguiremos sin prestarlle a menor atención.

5. En ningún caso debemos castigar ao neno que ten un berrinche ou pataleta, senón que en todos os momentos "ignoralo" para acabar coas pataletas.


6. Se o neno/a cambia e substitúe a pataleta ou berrinche por unha conducta positiva, debemos felicitalo e animalo a manter este tipo de conductas.

7. Se como consecuencia da pataleta ou berrinche o neno deixa de realizar unha actividade escolar, deberáselle obligar a cumprir con dita tarefa con posterioridade.

viernes, 17 de abril de 2009

BLA, BLA,BLA...Como facemos que os nosos fillos falen mellor

Que podemos facer?




  • 1. Falar a menudo co seu fillo. Só facendo este pequeno esforzo proporcionaralle un inmellorable entrenamento no seu aprendizaxe.

    2. É imprescindible atopar momentos para falar cos nosos fillos. Preguntarlle que tal lle foi o día no cole, facer que nos pida as cousas sen anticipalo nós, correxilo ante palabras infantiles como: chicha, pete, bibe...

    3. Non olvide reforzalo e animalo cando fale tranquilo e ben, sen mostrarnos esixentes, sendo transixente cos seus errores, pois aínda non o domina perfectamente.


    ORIENTACIÓNS AOS PAIS/NAIS

  • Falar a miúdo co seu fillo
  • Dedicarlle momentos para falar.
  • Falarlle despacio, escoitalo.
  • Olvidarnos un pouco de como fala (Forma) e centrándonos no que nos di (contido).


Cando os nen@s falan, requírelles moito esforzo, por iso é importante reforzalos e animalos cando falen tranquilos e ben, sin mostrarnos esixentes.
¿Como reforzamos entón a fala? mostrando a nosa satisfacción por oílo falar, expresándolle (sorisas), dicíndolle ("gústame oírte falar") ou con caricias e xestos de aprobación.


O que NON se debe facer:

Agobialo correxíndoo todo o tempo.
Centrarse SÓ nos fallos.
Falarlle coa linguaxe dun bebé.
Non permitirlle que nos conte as súas cousiñas.
Non deixalo falar.Non darlle cariño, seguridade, confianza.

Polo tanto, sería ÚTIL:

  • Ensinarlle cancións populares : “cinco lobitos”, “el patio de mi casa”...
  • Xogar con eles a adiviñar cousas: “Oro parece, plata no es, ¿Qué es?”
    “Unha señorita moi enseñoritada, sempre vai vestida e sempre está mollada, ¿Que é?
    “Xan perillán a cabalo dun can, o can era coxo e tirouno no campo, o campo era brando e tirouno no pozo, o pozo era frío e tirouno no río, o río era...”
  • Xogos : “ao veo veo”, “Palabras encadenadas”, “o teléfono estropeado” ...

  • Ler contos antes de durmir.
  • Facerlle preguntas da casa, do colexio, da rúa,..

  • Levalo ao supermercado, e facer que colabore e participe.
  • Prestarlle atención durante a súa charla

E PARA BAILAR TODOS XUNTOS...