miércoles, 27 de mayo de 2009

¿QUE FACER COS NOSOS FILLOS/AS Á HORA DE COMER ?


  1. Queridos pais/nais, non perder a PACIENCIA
  1. É importante que a comida estea rodeada de estímulos agradables e positivos.
  1. NON recomendamos que durante a comida falemos de problemas ou se discuta
  1. NUNCA usar a comida como un castigo ou un premio
  2. A hora de comer debe ser natural, nunca ter presa e que NON se convirta nunha obriga.

É MOI IMPORTANTE:

  • Sentar o neno a mesa o antes posible
  • Facer que se respecten os horarios de comida por parte de todos
  • As rutinas (como por a mesa, lavar as mans…) favorecen e tranquilizan ao neno e danlle seguridade, por exemplo UN RITUAL PODERÍA SER:

  1. ANTES DA COMIDA:
  • Lavar as mans
  • Axudar a pór a mesa
  • Sentarse na silla ou unha trona
  • Se o necesitase, colocarse o babeiro
  1. DESPOIS DA COMIDA:
  • Quitarse o babeiro
  • Axudar a recoller a mesa
  • Lavar as mans
  • Lavar os dentes

OUTRO RITUAL, non menos importante é:

  • Ao principio, debemos pór pouca comida no prato para que o neno coma todo, e pouco a pouco, co paso dos días imos incorporando máis cantidade de comida.
  • Evitar distracións, incluida a TELEVISIÓN, a hora de comer é moi importante que contemos o que nos sucedeu durante a mañá, o día
  • Debemos deixar que o neno se exprese e coma dunha forma autónoma, él soíño

A REGLA DE OURO É: “PACIENCIA, ORDES CLARAS E CONCISAS”

A partir dos 2 anos, debemos deixalo comer co seu cuberto e sobre todo hai que ensinarlle como comportarse na mesa e tamén é un momento ideal para introducirlle alimentos novos, SEN que o neno decida. “

"QUERIDOS PAIS/NAIS, OS ALIMENTOS DEBEDES ESCOLLELOS VÓS”

A partir dos 3 anos, o neno pode empezar a rexeitar algún alimento, temos que evitar as discusións e ser moi intelixentes afrontando a situación dunha forma natural con rebozados, en trociños,…

“A EDUCACIÓN ALIMENTARIA É PARTE FUNDAMENTAL NA EDUCACIÓN DOS FILLOS”

“DEBEMOS EDUCAR AOS NOSOS/AS FILLOS/AS QUE COMER É UN PRACER, SEN TRAUMAS, SEN BRONCAS E SEN CHANTAXES”

¿QUE FACER CANDO OS NENOS NON COMEN?

Existen causas emocionais: Os pais preocúpanse excesivamente pola comida, e os nenos néganse a comer.

MAIOR TENSIÓN

PEOR COMERÁ

RECOMENDACIÓNS:

  • Servirlle a súa comida favorita
  • Prestarlle moita atención e cariño fóra das comidas
  • Actuar e non discutir co neno
  • Cando pase moito tempo pactando, retiramos o prato sen explicación
  • Mantemos a calma, ante os intentos de rebeldía do neno
DEBEMOS TER EN CONTA:
  • Aos nenos non lle gustan os sabores fortes
  • Nunca debemos ter presa mentras comemos

“CÓMESE POR NECESIDADE E NON POR OBRIGA”

“A FAME É A MELLOR DEMANDA DE ALIMENTO”

“A CONDUTA ALIMENTICIA NECESITA UNHA GUÍA, COMO O PAI E A NAI”

No hay comentarios:

Publicar un comentario

E vós...qué comentades disto?