jueves, 14 de mayo de 2009

A HIXIENE É O PRIMEIRO

Para ir á escola, cepillo dentes e moas. A roupa ben limpiña, perfumada e pranchadiña.
Que o meu pelo esta brillante, peiteadiño e radiante,
Peiteadiño e radiante.
As uñas ben cortiñas.
Pídolle a mamá que use a tesoiriña.
Para unha boa alimentación: almorzo, comida, merenda e cea.
¡Comer entre horas non é cousa boa!
Despois de moito andar,
O corpo pídenos descansar…
¡Veña para a cama.... a soñar!


Estimados pais e nais:

O problema da dentición é preocupante.
En Galicia o 90% dos rapaces hasta os 20
anos teñen caries. As causas débense
principalmente á falta de hixiene e ó
consumo de alimentos azucarados.
AXUDEMOS AOS NOSOS FILLOS/AS.

É a nosa responsabilidade. Nenos e adultos
debemos cepillar os dentes cuidadosamente
despois de cada comida para arrastrar os
restos dos alimentos. Os pais e nais debemos dar
exemplo; se é necesario, limpando a dentición
canda os nenos. É un hábito, pouco a pouco xa o irán facendo eles sós.

Hai que evitar, no posible, o consumo de
caramenlos, chicles, bebidas refrescantes
Azucaradas, bolos de chocolate
e outros
Productos que leven azucres refinados,
Especialmente entre as comidas principais.

Uns dentes estragados ou un mal alento fan
desagradable a unha persoa e, pola contra,
unha dentadura coidada, un soriso bonito é
sempre agradable. Por propia experiencia
sabemos que un dente é para toda a vida,
algo que os nosos fillos/as deben aprender.




¡¡¡AXÚDALLES A VIVIR MELLOR!!!

O meu cepillo ven e vai,
O meu cepillo ven e vai.
É moi importante
Lavarme ben os dentes
Cando me levanto
E despois de comer.
E nunca me esquezo
Que antes de deitarme
Debo cepillalos outra vez.
Por arriba,
Por abaixo,
o meu cepillo ven e vai,
para un lado,
para o outro,
moi limpiños os meus dentes
quedarán.

MENSAXES:
  • Se NON limpámo-los dentes, os restos que quedan entre eles forman a PLACA DENTAL .A visita ao odontólogo débese facer máis como método de PREVENCIÓN que como curación. Previr é moi importante.

  • A limpeza debe ser a todas as idades e debe ser moi cuidadosa, peza a peza. Convén pararse nos meniños máis pequenos
  • O DENTISTA é un AMIGO

  • Pais e Nais sen a vosa axuda e participación servirá de pouco.

  • Axúdanos a axudarte

    ¡A DENTADURA É PARA TODA A VIDA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

E vós...qué comentades disto?