lunes, 27 de abril de 2009

NORMAS: ¿SERVEN PARA ALGO?




A NECESIDADE DE PÓR NORMAS:



Os pais sentímonos confusos e desorientados ao ter que decidir cómo educar aos fillos: igual que nos educaron a nós?¿copiando a outros pais? mirando na tele? O resultado é un comportamento contraditorio. No fondo... Temos medo a ensinarlle as normas de convivencia? Se contestas que ....segue lendo...
Sentídesvos así?:



  • Asústanos defraudalos

  • Non sabemos ou non queremos dicir NON

  • Non queremos frustralos,...

  • Xa sufrirán cando sexan maiores

  • Preocúpanos ser considerados autoritarios

  • Non queremos que sufran

  • Compensamos a falta de tempo e dedicación, cunha actitude indulxente (e culpable)

  • Temos medo ao conflito e ás súas malas caras

  • Parécenos que actuamos con egoísmo se impomos normas.


Pois temos que saber que OS PAIS DEBEMOS.....:


  • Pór as normas que consideramos xustas, esixir que se cumpran,

  • actuar con seguridade e firmeza, dende o coñecemento dos nosos fillos e o agarimo que lles temos, sabendo que nós somos o modelo a imitar e que a nosa valoración e respecto, son unha meta e unha guía para eles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

E vós...qué comentades disto?