viernes, 17 de abril de 2009

BLA, BLA,BLA...Como facemos que os nosos fillos falen mellor

Que podemos facer?




  • 1. Falar a menudo co seu fillo. Só facendo este pequeno esforzo proporcionaralle un inmellorable entrenamento no seu aprendizaxe.

    2. É imprescindible atopar momentos para falar cos nosos fillos. Preguntarlle que tal lle foi o día no cole, facer que nos pida as cousas sen anticipalo nós, correxilo ante palabras infantiles como: chicha, pete, bibe...

    3. Non olvide reforzalo e animalo cando fale tranquilo e ben, sen mostrarnos esixentes, sendo transixente cos seus errores, pois aínda non o domina perfectamente.


    ORIENTACIÓNS AOS PAIS/NAIS

  • Falar a miúdo co seu fillo
  • Dedicarlle momentos para falar.
  • Falarlle despacio, escoitalo.
  • Olvidarnos un pouco de como fala (Forma) e centrándonos no que nos di (contido).


Cando os nen@s falan, requírelles moito esforzo, por iso é importante reforzalos e animalos cando falen tranquilos e ben, sin mostrarnos esixentes.
¿Como reforzamos entón a fala? mostrando a nosa satisfacción por oílo falar, expresándolle (sorisas), dicíndolle ("gústame oírte falar") ou con caricias e xestos de aprobación.


O que NON se debe facer:

Agobialo correxíndoo todo o tempo.
Centrarse SÓ nos fallos.
Falarlle coa linguaxe dun bebé.
Non permitirlle que nos conte as súas cousiñas.
Non deixalo falar.Non darlle cariño, seguridade, confianza.

Polo tanto, sería ÚTIL:

  • Ensinarlle cancións populares : “cinco lobitos”, “el patio de mi casa”...
  • Xogar con eles a adiviñar cousas: “Oro parece, plata no es, ¿Qué es?”
    “Unha señorita moi enseñoritada, sempre vai vestida e sempre está mollada, ¿Que é?
    “Xan perillán a cabalo dun can, o can era coxo e tirouno no campo, o campo era brando e tirouno no pozo, o pozo era frío e tirouno no río, o río era...”
  • Xogos : “ao veo veo”, “Palabras encadenadas”, “o teléfono estropeado” ...

  • Ler contos antes de durmir.
  • Facerlle preguntas da casa, do colexio, da rúa,..

  • Levalo ao supermercado, e facer que colabore e participe.
  • Prestarlle atención durante a súa charla

E PARA BAILAR TODOS XUNTOS...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

E vós...qué comentades disto?